lunes, 19 de enero de 2015

Reducindo a Contaminación Acústica

     Seguimos co noso proxecto sobre as "pelotas de tenis" para colocar nas patas das cadeiras. Por moito que arrastren as cadeiras as nenas e nenos é imposible facer ruido! En fin, unha gozada para os nosos oídos,a nosa tranquilidade e benestar nas aulas.

E agora vou exlicar de donde xurdíu a idea.
Na nosa clase veciña (na clase da profe María) había día de lectura, pero o ruido ambiental, moito del viña de fora da propia aula, infería moito na comprensión. Así que o traballo comezou falando sobre iso e relacionándoo co traballo que estabamos a comezar en toda a escola chamado "Proxecto Reciclaxe". Entre outras medidas falouse de intentar reducir o ruido da aula ao máximo, pois o ruido é contaminación acústica (aínda que se traballa o respecto na aula, a escoita activa e a participación ordeana, o movemento tamén é parte da aprendizaxe,  mais pensade en 25 cadeiras movéndose e arrastrándose, ademáis a contaminación acústica que hai na aula non só se produce na aula, tamén vén das aulas que están no piso de arriba, e se nós nos movemos, os nenos e nenas de 6 e 7 anos móvense! , móvense moito!! Érguense, van á mesa das mestras a correxir, arrastran as cadeiras cando se achegan ao centro da mesa para coller as cores, os lapis ou outro material...) así que, pensando como podiamos contribuír á redución da contaminación acústica que se producía nas nosas aulas, alguén comentou a idea de forrar as patas das cadeiras para que non soasen tanto, e... buscando en internet, vimos unha páxina chamada "Aula de Elena" na que fixeran esta actividade con pelotas de tenis e de padel. Claro, botamos contas para saber cantas precisamos e... (catro por cadeira, vintecinco cadeiras en cada aula...Puffff!).
De onde temos pensado sacar tantas pelotas de tenis? 
Pois a idea é pedirlle aos papás e mamás, ou aos nenos e nenas que practican estes deportes, que pregunten nos sitios nos que xogan: que se fai coas pelotas que xa non se empregan para xogar? (na maior parte destes lugares, tírase con elas) a idea é recopilalas explicando para que as queremos.

Xa comezaron a chegar as primeiras pelotiñas, e cando probamos se funcionaban estivemos un anaco arrastrando unha cadeira cara adiante e cara atrás reiteradamente, sen saír do asombro, que había un silencio case absoluto.


Os primeros e primeiras que acondicionamos a aula foron os nenos e nenas da profe Carolina, que é unha das clases do piso de arriba, logo tocoulle á profe Elisa e tamén á aula de plástica do primeiro ciclo. Así ata que consigamos o noso obxectivo: como mínimo, acondicionar as aulas que están enriba de nós e as nosas propias, un total de cinco aulas. Así que seguimos pedíndovos axuda para poder reducir a contaminación acústica que hai nas nosas aulas e mellorar en calidade.