lunes, 6 de abril de 2015

PERSOAS TÓXICAS PARA O TRABALLO

COMPAÑEIRAS DE PERFILES TÓXICOS



As compañeiras e compañeiros de traballo, ao igual que a familia, non se poden escoller, na gran maioría dos casos. Se a química non brota con elas é inevitable que xurdan quebradeiros de cabeza diarios. Pero se ademáis pertencen aos denominados perfiles tóxicos, aqueles que xeran mal ambiente no traballo, o mellor é estar preparadas e preparados para que a relación non provoque problemas máis serios.
(...) 





QUE FACER ANTE UNHA PERSOA COMPAÑEIRA DE TRABALLO TÓXICA?
Polo xeral, son boas estratexias escoitar, comprender e respectar aos demáis, sin que ás súas emocións nos contaxien e non comportarnos de igual maneira. "Hai que pór límites e defender de maneira asertiva as nosas opinións e dereitos" explica Elisa Sánchez, coordinadora do grupo de traballo de psicoloxía e saúde laboral do colexio de psicólogos de Madrid (...)



Explica tamén algunhas maneiras de interactuar en cada caso.



A PERSOA NEGATIVA
Son aquelas que só ven os inconvintes de todo. Unha nova tarefa, proposta de traballo ou oportunidade sempre é algo malo.
(...)
Con elas o mellor é dirixir a conversación cara as súas potencialidades e recordarlles outras ocasións nas que conseguiron o obxectivo gracias as súas calidades.



A PERSOA QUEIXICA
Similar ao perfil anterior pero, ademáis de ver sempre o negativo, comunícao constantemente. E non só sobre temas laborais, tamén sobre a política, as familias, o tráfico...
(...)
Con elas o mellor é non prestarlles demasiada atención. Non incitalas a que nos sigan contando cousas negativas. Se se queren desfogar e non poden facelo con un ao final iranse.



A PERSOA ENVEXOSA
Aquela que ve coma unha ofensa o traballo das demáis persoas.
(...)

Con elas o mellor é non reaccionar aos seus ataques. Non entrar en que traballo é mellor ou máis efectivo. Hai que lembrar que esa non é a nosa guerra senón a súa. Pero tampouco hai que deixar que menosprecien, sobre todo publicamente.  Nese caso o mellor é reaccionar tranquilamente, pero con seguridade e firmeza, defendendo a nosa postura.


A PERSOA LACAZÁ, PREGUICEIRA OU VAGA.
Segundo unha enquisa elaborada por ADECCO sobre Presentismo Laboral, hai nas empresas unha media dun 10% de persoas traballadoras "presentistas". 
As prácticas habituáis deste perfil son:
Incorporarse con retraso e/ou finalizar as sesións antes de tempo. Empregar o teléfono, secretaría ou internete para usos persoais. Ausencias ou retrasos por tabaquismo e emprego extra de tempo nos descansos ou recreos.
(...)
Con elas, como compañeiras e compañeiros pódese facer pouco, pero dirección debería tomar as rendas da situación e resolvela para que non sobrecargue aos demáis.



A PERSOA EGOÍSTA
Sería a persoa que se comunica de forma autoritaria e non respecta ás demáis.
(...)
Con elas tamén é complicado resolver esta situación. O máis importante é pór límites e non deixarse invadir por elas. Se non queren chegar a acordos non debemos ceder, pero ao mesmo tempo non escalar na agresividade que comezaron elas.



AS PERSOAS ÁS QUE LLE GUSTAN AS ETIQUETAS OU OS "TITULIÑOS"
Son aquelas que adoitan comezar as intervencións dicindo:"Eu..."
E tamén adoitan dicir: "Habería que..." Pero en realidade Non fan o seu traballo como deberían e gustan de deixar en evidencia aos demáis, sobre todo en público, para colgarse medallas.
(...)
A elas pódeselles calar rapidamente, pero se son quen de camuflarse entre o grupo, é importante defenderse delas con asertividade (facer valer as nosas ideas respectando ás demáis) pois adoitan caer no victimismo para defenderse e iso parecerá darlles a razón.



AS PERSOAS PERFECCIONISTAS
Non toleran a incertidume e precisan ter todo baixo control. Adoitan ser exixentes consigo mesmas e coas demáis persoas, anoxándose cando non se acada o seu elevado listón de calidade ou cantidade.
(...)
Con elas non debemos deixar que nos afecten os seus enfados e reproches.

A Organización Mundial da Saúde considera que unha mala organización do traballo, é dicir, o modo no que se definen os postos e sistemas de traballo, e a maneira en que se xestionan, pode provocar estrés laboral.Así que, xa sabemos, para levar a bo porto as nosas propostas de traballo, as nosas ideas pedagóxicas, debemos ter en conta que ao noso redor vai haber persoas tóxicas que nos van dificultar o traballo. Identificándoas e sendo conscientes da súa existencia contribuiremos a reducir a súa influencia sobre o colectivo.

Este texto está elaborado a partir dun artigo escrito por Marian Sagredo titulado  "Cuidado con el Trepa y ojo con el vago" o 6 de Abril de 2015 no diario El País.

lunes, 19 de enero de 2015

Reducindo a Contaminación Acústica

     Seguimos co noso proxecto sobre as "pelotas de tenis" para colocar nas patas das cadeiras. Por moito que arrastren as cadeiras as nenas e nenos é imposible facer ruido! En fin, unha gozada para os nosos oídos,a nosa tranquilidade e benestar nas aulas.

E agora vou exlicar de donde xurdíu a idea.
Na nosa clase veciña (na clase da profe María) había día de lectura, pero o ruido ambiental, moito del viña de fora da propia aula, infería moito na comprensión. Así que o traballo comezou falando sobre iso e relacionándoo co traballo que estabamos a comezar en toda a escola chamado "Proxecto Reciclaxe". Entre outras medidas falouse de intentar reducir o ruido da aula ao máximo, pois o ruido é contaminación acústica (aínda que se traballa o respecto na aula, a escoita activa e a participación ordeana, o movemento tamén é parte da aprendizaxe,  mais pensade en 25 cadeiras movéndose e arrastrándose, ademáis a contaminación acústica que hai na aula non só se produce na aula, tamén vén das aulas que están no piso de arriba, e se nós nos movemos, os nenos e nenas de 6 e 7 anos móvense! , móvense moito!! Érguense, van á mesa das mestras a correxir, arrastran as cadeiras cando se achegan ao centro da mesa para coller as cores, os lapis ou outro material...) así que, pensando como podiamos contribuír á redución da contaminación acústica que se producía nas nosas aulas, alguén comentou a idea de forrar as patas das cadeiras para que non soasen tanto, e... buscando en internet, vimos unha páxina chamada "Aula de Elena" na que fixeran esta actividade con pelotas de tenis e de padel. Claro, botamos contas para saber cantas precisamos e... (catro por cadeira, vintecinco cadeiras en cada aula...Puffff!).
De onde temos pensado sacar tantas pelotas de tenis? 
Pois a idea é pedirlle aos papás e mamás, ou aos nenos e nenas que practican estes deportes, que pregunten nos sitios nos que xogan: que se fai coas pelotas que xa non se empregan para xogar? (na maior parte destes lugares, tírase con elas) a idea é recopilalas explicando para que as queremos.

Xa comezaron a chegar as primeiras pelotiñas, e cando probamos se funcionaban estivemos un anaco arrastrando unha cadeira cara adiante e cara atrás reiteradamente, sen saír do asombro, que había un silencio case absoluto.


Os primeros e primeiras que acondicionamos a aula foron os nenos e nenas da profe Carolina, que é unha das clases do piso de arriba, logo tocoulle á profe Elisa e tamén á aula de plástica do primeiro ciclo. Así ata que consigamos o noso obxectivo: como mínimo, acondicionar as aulas que están enriba de nós e as nosas propias, un total de cinco aulas. Así que seguimos pedíndovos axuda para poder reducir a contaminación acústica que hai nas nosas aulas e mellorar en calidade.