lunes, 23 de junio de 2014

OBRA DE TEATRO: BUCARNEIRÓN
(Narrador1)Había unha vez un pirata ao que lle chamaban Bucarneirón. Como o pirata levabaun nome tan terrorífico, moita  xente tíñalle auténtico pánico. Pero non vos deixedes enganar porque, malia o seu nome, Bucarneirón era  un miñaxoia.

(Narradora 2)Cando capturaba un barco cheo de ouro e o capitán lle pedía que fose piadoso, no canto de roubarlle todos os seus tesouros e botalo ao mar, como facían todos os demais piratas, deixaba que marchase sen lle facer nin unha rabuñada, e o único que levaba era o pan, o queixo, o ron e as patacas que houbese a bordo.
(Capitán Español)- non me fagades mal, por favor, rendémonos-
(Bucarneirón)- está ben, tedes comida?-
(Capitán Español)- si, podedes coller o que queirades
(Bucarneirón)-  meus mariñeiros, collede o pan, o queixo, o ron e as patacas que haxa a bordo!
(Mariñeiro 1)- E o ouro e as moedas capitán?-
(Bucarneirón)- iso deixádeo! Non nos interesa, quero que collades a comida e a bebida solo.
(Mariñeiros)- Si capitán!
(Narradora 3)Por suposto, os piratas de Bucarneirón non estaban nada contentos coa xenerosidade do seu capitán, pero calaban coma petos, pois, ao fin e ao cabo, Bucarneirón era o capitán, e ao capitán dun barco ninguén  debe turrarlle polo xenio.
(Narrador 1) Esquecérame dicir que Bucarneirón era chosco e para se protexer o ollo cego, levaba un parche que lle acaía bastante ben.
(Narradora 2) O caso é que  nunha noite, Bucarneirón colleu unha borracheira e ao día seguinte, espertou tan mareado que non sabía nin onde tiña a cara.
(Narradora 3) Así que, no canto de colocar o parche encol do ollo cego, púxoo encol do san e pareceulle que todo estaba ás escuras.
(Bucarneirón)- Mi madriña! Pero quen quitou o sol do ceo? Que o poñan de novo no seu sitio, ou teremos unha desgraza!
 (Narrador 1) Os piratas miraron para o ceo, onde o sol lucía tan radiante coma de costume, pero non se atreveron a  dicirlle nada ao capitán
(Mariñeiro 2) Este Bucarneirón está mal da cachola
(Mariñéiro 3) Cala tolo, que te vai oir!, Bucarneirón é o capitán, e a un capitán non se lle debe turrar polo xenio!
(Mariñeiro 1)- si capitán, o que mande capitán!-
(Narradora 2) O asunto foi que Bucarneirón comezou a dar ordes , pero como non vía un burro a catro pasos, daba unhas ordes que non tiñan xeito nin modo.
(Bucarneirón)- Sigamos avante!, arriade todas as velas ao vento nesta negrísima noite!
(Mariñeiro 5) Pobre Bucarneirón, este perdeu a cabeza totalmente!
(Mariñeiro 4) Non digas nada e fai o que manda!
(Mariñeiro 6) é o capitán e a un capitán non se lle debe turrar polo xenio.
(Narradora 3) Así que, de súpeto, resoou un ruído terrible: PUMBA! O barco estrelárase contra os cantís! Todos os piratas saltaron á auga para salvarse, mentres Bucarneirón saía despedido e caía nunha praia chea de palmeiras.
(Bucarneirón) Onde estarei? Que acaba de acontecer?
(Narrador 1) Bucarneirón comezou a camiñarpola praia e ao pouco atopou unha cuadrilla de soldados que andaban na procura de piratas
(Soldado 1)Mirade ese tipo do parche!
(Soldado 2)É un pirata!
(Soldado 3) ímolo prender e levarllo ao gobernador
(Soldado 4) Alto aí ti! Quedas preso por pirata!
(Soldado 5) Ímoste levar á cadea e serás xulgado!
(Soldado 6) Vaiche caer unha boa malandrín!
(Gobernador) Por ser un pirata eu condénote a morrer na forca! Mañá serás axusticiado na praza da vila!
(Narrador 1) Aquela noite, o pirata durmiu na cadea e, ao día seguinte, ao espertar, por fin puxo o parche onde debía, entón Bucarneirón mirou en volta e quedou marabillado de todo
(Bucarneirón) Que estou a facer aquí? Ultimamente pásanme cousas rarísimas, onte alguén levou o sol do ceo, e hoxe esperto nun calabozo cheo de ratas-
(Soldado1) É a hora, vamos, que che queda pouco para ser axusticiado
(Narradora2) Xusto cando o ían aforcar, apareceu por alí o capitán dun barco español e berrou:
(Capitán do Barco Español ) Ei! Ese é o pirata que só me roubou o pan e o queixo!
(Narradora 3) E entón o capitán  dun barco francés dixo:
(Capitana Francesa) –Si ese é o que se limitou a roubarme tres barrís de ron e un saco de patacas e deixoume o ouro
(Capitán barco1) eu recoñezo tamén a ese pirata, é o Capitán Bucarneirón
(Capitán Barco 2) Si é certo!, é un pirata que non lle fai mal a niguén!
(Capitán barco 3) É inxusto! Debebes soltalo!
(Todos os capitáns) Siiiii! Soltádeo! Soltádeo!
(Narrador1) así que o gobernador suspirou
(Gobernador) Que o mar me asolague! Éche ben mala sorte ir pillar o único pirata bo que hai en todo o mar!
(Todos os capitáns) Soltádeo , soltádeo, é un bo home!
(Gobernador) non terei máis remedio que liberalo, Soldados! Soltádeo pois, e entregádelle trescentos euros para que poda vivir o resto da súa vida sen ter que ser un pirata!
(Narradora 2) Bucarneirón abandonou a piratería e puxo unha tenda de queixos no porto.
(Comprador 1) Póñame un queixo tendeiro!
(Bucarneirón) como non bo home. Non lle apetecería unha bola de pan de cea? Agasállola por levar o queixo
(Comprador 1) Moitas grazas home
(Narradora 3) Bucarneirón nunca chegou a enriquecerse, porque, como era tan xeneroso, por cada queixo que vendía regalaba dous ou tres.
(Compradora 2) moitas grazas
(Bucarneirón) deica outra, veña cando queira.

FIN

Piratas
(Dous piratas camiñando pola praia)
1º Capitana Pirata- Eu son pirata! Capitana pirata!
2º Contramestre- e eu son o mellor contramestre do mundo
3º Papagaio- cruah! Cruah! E eu son Papagaio!
1º Capitana pirata- Eeee! Vinde aquí!
(entran 4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º, 13º, 14º, 15º, 16º, 17º,  Tripulación)
1º Capitana pirata- son a miña tripulación, e decidimos que imos ser piratas
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii!
1º Capitana- temos todo o que precisamos para ser piratas....
4º pirata- temos espadas piratas!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii!
5º pirata- temos papagaio!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii!
6º pirata- Temos un mapa do tesouro!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii!
1º Capitana- e temos barco pirata!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii!
7º pirata- pero capitana, non temos barco pirata!
1º capitana- como que non temos barco pirata?
8º Pirata- Cando fomos a mercalo, vimos que era demasiado caro, por iso non temos barco
1º Capitana- Mecachis na mar! Haberá que facer algo... pensemos!!
(todos e todas pensando)
4º pirata- Capitana capitana! Xa sei como conseguir un barco!!!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Cóntanos! Cóntanos!
4º pirata- hai un barco flotando no medio do mar fai moiiiito tempo, non hai ninguén a bordo!
9º pirata- Hai un barco só flotando no medio do mar?
4º pirata- siiii
10º pirata- e ese barco é suficientemente grando para que collamos todos e todas?
4º pirata-Como unha balea de grande
11º pirata- e ese barco ten canóns?
4º pirata- Catrocentos vinte e cinco canóns! Conteinos un por un!
12º pirata- e ese barco.... ten un aspecto terrorífico?
4º pirata- As súas velas son negras, e ten pintadas caveiras
1º capitana- MMmmmm... un barco abandonado, no medio do mar, o bastante grande, con canóns e aspecto terrorífico... parece ser que é o que nós precisamos. Imos abordar ese barco!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii!
13º Pirata- capitana capitana, que é abordar un barco?
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- iso, iso, iso!!!
1º Capitana- Aiaiaaaaiiiii, significa coller o barco sen permiso e levalo!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º -Aahhh! Vale!
14º pirarta- Capitana capitana, e como chegamos ao barco?
1º Capitana- pois nadando!
15º Pirata- pero capitana... non sabemos nadar
1º Capitana- pero como que non sabedes nadar? Os piratas saben nadar!
16º pirata- pero é que lle temos medo ás QUENLLAS!
1º Capitana- pois hai que ir ao barco de algunha maneira!
17º Pirata- Xa sei! O papagaio pódenos levar voando ata o barco!
3º Papagaio- Pero se dodes moitos!!!
5º Pirata- que nos leve de un en un
3º Papagaio- pero, tardarei un montón!
6º pirata- pois vas facendo viaxes
7º pirata- si! É boa idea!
3º papagaio- non é boa idea!
1º Capitana- si que é boa idea
3º papagaio- que non é boa idea!
1º Capitana- que si é boa idea
3º papagaio- que nooooo!
1º Capitana- ben! Fagamos unha cousa... Votemos!! As persoas que pensen que que nos leve o papagaio é mala idea que ergan a man
(ergue a man só o papagaio)
1º Capitana- as que pensen que é boa idea que nos leve o papagaio, que ergan a man
(erguen a man todos menos o papagaio, que queda todo apesadumbrado)
1º Capitana- decidido! Levaranos o papagaio ao barco!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii! Beeeeeen!!!
(saen correndo de escea todos os piratas, o papagaio andando, coa cabeza agachada)
3º papagaio- OOOOHHHHHH
(Xa no barco, entran correndo os piratas coa capitana á cabeza)
1º Capitana- Imos á abordaxeeeeee!!!!!
(Pero pouco a pouco paran e comezan a mirar ao seu redor)
8º pirata- Mimadriñaaa! Que pedazo de barco!!
9º pirata- que pedazo de velas!
10º Pirata- Que pedazo timón!
11º pirata- que pedazo canóns!
(Chega o pirata 8º retrasado berrando)
12º pirata- á abordaaaaaxeeeee!!!!
(e cae ao chan pegándose un trompazo)
13º Pirata- que pedazo... que pedazo trompazo me acabo de dar!
(Chega o papagaio boando e cae rendido do cansanzo ao chan)
14º pirata- que lle pasa ao papagaio?
15º pirata- non se move
16º pirata- está todo quieto
17º pirata- Está... mooorrtooo!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación-AAAAAAArrrrhhhhhh!
1º capitana- todos quietos! Non vedes que só está canso de traernos a todos nós de un en un! Calmádevos, non vedes que esté é o barco que precisábamos?
2º contramestre- podemos meter un montón de tesouros dentro del!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii!
2º contramestre- podemos facer unha festaaa!!!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii!
2º contramestre- podemos poñelo en marcha
1º capitana- moi ben, poñámolo en marcha
(O contramestre diríxese ao temón e...)
2º Contramestre- Capitana capitana, as chaves non están postas
1º Capitana- pero pero, que estás a dicir?
4º pirata- Non sabes que un barco non ten chaves?
5º pirata- funciona con tecnoloxía de madeira!
6º pirata- non entendo como un barco tan molón está abandonado no medio do mar
7º pirata- ao mellor.... digo.... ao peor.... igual ten pantasmas!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Pantasmaaaasss!?
1º Capitana- se hai unha pantasma, matámola coa espada!
8º pirata- pero.... ás pantasmas non se lles pode matar coa espada pois non se lles pode tocar
9º pirata- Pois collémolas con unha aspiradora
10º pirata- pero... one enchufamos unha aspiradora? Este barco só ten tecnoloxía de madeira
2º contramestre-  pero que estades a dicir! As pantasmas non existen!
(niso érguese o papagaio que ata ese momento estaba no chan)
3º papagaio- Aiaiai que maniotas teño!
11º pirata- É un papagaio pantasma!!!!
12º pirata- Corramos!!!!!
(Saen todos e todas correndo mentres o papagaio dá voltas tentando comprender que pasa)
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17ºTriulación-AARRRRRGGGGGHHHH!
3º Papagaio- onde? Onde? AAAAAHHH esperádeme!!!!
(Entran en escea as pantasmas do barco)
18º Pantasma- tchssssss, calade! Pareceume escoitar algo
19º pantasma- que vaaa, sería o vento
20º pantasma- que non que non, penso que eran piratas
21º pantasma- piratas? Se os piratas non existen!
22º pantasma- que si que existen!
23º pantasma- que non existen
24º pantasma- que si que existen!
25º pantasma- que nooonnn
18º pantasma-que siiiiii
19º pantasma- veña xaaaa, xa está ben! Dá igual se existen ou non, asustarémolos!
20º pantasma- pois eu creo que si que existen!
(Queda en escena 13º e aparece o 2º contramestre, camiñando cara atrás os dous, e chocan coas costas) (míranse e..)
21º pantasma 2º contramestre- AAAAAAA un pirata!!! AAAAA unha pantasma!!!!!
(entran por unha parte os piratas e por outra as pantasmas)
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación-Capitana, son pantasmas!
1º Capitana- Xa vexo que son pantasmas, e que?
22º pantasma- asustémolas! ... AAAAAAUUUUUUUOOOOOOHHH
(os piratas comezan a correr asustados e as pantasmas detrás)
1º Capitana- XA ESTÁ BEN! QUIETOS PIRATAS!
(todos paran)
1º Capitana- Somos piratas! E os piratas non temos medo!
2º Contramestre- É certo! Somos piratas e os piratas non temos medo
3º papagaio- ademáis, non podemos deixar sola á capitana
23º pantasma- oo, non está a funcionar, que facemos?
24º pantasma- pero, pero, SOMOS PANTASMAS!           
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- pois os piratas non temos medo!
25º pantasma- Jooooooo! E agora que facemos?
18º pantasma- se non lle damos medo, non podemos quedarnos
19º pantasma- teremos que irnos
20º pantasma- pero, a onde?
21º pantasma- Eu escoitei que na costa hai unha casa abandonada
22º pantasma- podemos ir alí e convertela nunha casa encantada!
23º pantasma- Piratas, podedes quedarvos co barco!
24º Pantasma- nós marchamos de aquí!
25º pantasma- ala, pasaino ben nel e que o disfrutedes!
(Saen correndo de escena)
1º Capitana- Contramestre, o barco xa é noso. É hora de ir buscar un tesouro!
2º contramestre- as súas ordes Capitana!
4º,5º,6º,7º,8º,9º,10º,11º,12º,13º,14º,15º,16º,17º Triulación- Siiiiiiii!
fin

No hay comentarios:

Publicar un comentario